981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

BASES: “ I CONCURSO DE FILLOAS DO CONCELLO DE SANTA COMBA”.- ANO 2009.

0

1.- Poderán participar tódalas persoas interesadas.

2.- As inscricións para o concurso faranse na Casa da Cultura ou no Edificio Multiusos, teléfonos 981.880275 – 981. 881462 e a data límite para inscribirse será ás 14:00 horas do xoves 19 de febreiro de 2009.

3.- O ditame do concurso terá lugar no Pavillón de Fontenla o domingo 22 de febreiro, ás 19:30 horas dentro dos actos de celebración da Festa do Entroido 2009. Haberá que entregar as filloas o domingo 22 de febreiro dende as 15:00 ás 17:00 horas, no mesmo Pavillón.

4.- Para participar no I Concurso de Filloas do Concello de Santa Comba, haberá que presentar un mínimo de 25 filloas.

5.- No concurso valorarase a orixinalidade, sabor e ingredientes. A persoa gañadora recibirá un premio consistente nunha Velada Termal nun Hotel Balneario. Os premios non serán canxeables por cartos, e será necesario estar presente para recoller o premio.

6.- A valoración das filloas e o ditame do Concurso farao un xurado formado por profesionais do sector hostaleiro e persoal do Concello de Santa Comba. Despois da decisión, as filloas repartiranse entre o público asistente á Festa do Entroido 2009.

7.- A publicidade das bases estará na páxina web do concello, www.santacomba.es, e as bases poderán recollerse na Biblioteca Municipal.

8.- A organización reserva o dereito de solucionar calquera conflito que poida derivar da súa interpretación.

9.- A participación neste concurso supón a aceptación implícita destas bases.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR