981880075
Seleccionar página

 

ACTIVIDADES NO NADAL. O Concello de Santa Comba pretende ofertar para estas datas de Nadal, diversas actividades para fomentar a participación popular, sen que se perdan as propias tradicións e constumes destas épocas.
Actividades que se van realizar: VISITA DE PAPA NOEL ÓS COLEXIOS. Unha das actividades que se vai levar a cabo é a tradicional visita de Papa Noel que desde as frías terras de Laponia chegará a Santa Comba para visitar tódolos colexios do concello, o vindeiro venres 19 de decembro, cargado de caramelos e agasallos para tódolos nosos pequenos e para os non tan pequenos, pois visitará tamén o centro de servizos sociais, concello, casa cultura… CINE NO NADAL. O concello tamén programou un ciclo de Cine no Nadal, que consistirá en catro proxeccións infantís os días 22 ,23,29 e 30 de decembro. As funcións comezarán as 12:00 horas no Edificio Multiusos. Proxectaranse as seguintes películas:- Luns 22 : Kung Fu Panda.- Martes 23: Show Buddies.- Luns 29: Horton.- Martes 30: Wall-E. OBRADOIRO DE NADAL PARA NENOS. Tamén se han levar a  cabo nos mesmos días un Obradoiro de Nadal, con diversas manualidades relacionadas coas datas, dirixido a nen@s de entre 3 e 7 anos e en horario de 11:00 a 12:30 horas, igualmente no Edificio Multiusos. CABALGATA DE REIS Desde o concello de Santa Comba queremos que a recepción á comitiva real chegada de Oriente sexa por todo o alto. O vindeiro 5 de xaneiro, Santa Comba vestirase de gala para recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar, que percorrerá as principias rúas da localidade e serán recibidos polas autoridades locais. Este ano as actividades concentraranse no recinto feiral xalleiro ( en anos anteriores era no pavillón de Fontenla ), onde chegará a comitiva real acompañada por escuadróns de cabalos e paxes; banda de cornetas, bombos e majorettes de “Vila Nova de Gaia”- Portugal, da Charanga Apeles, a Charanga do Centro de Maiores e o grupo de gaitas do concello. Unha das maiores novidades e de gran vistosidade para facer da Cabalgata de Reis do Concello de Santa Comba un verdadero espectáculo para gozo dos nenos e nenas do concello e para facer dese día tan especial para eles unha tarde máxica; ofrecerase un espectáculo de pirotecnia dixital a cargo dunha prestixiosa empresa galega de fama internacional, que se levará a cabo no campo da feira ( diante da Casa da Cultura ), no momento do paso das comitivas reais.Todas aquelas persoas que desexen participar poden facelo anotándose na Casa da Cultura ou no Edificio Multiusos. Desde o concello deséxase felicidade para este Nadal e para o vindeiro ano