981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Actividades 2015/2016 – Cultura, Deportes, Educación e Xuventude – Concello de Santa Comba

0

ACTIVIDADES DEPARTAMENTO XUVENTUDE

 CURSO 2015/2016

 

1.– CLASES DE IOGA INTEGRAL PARA ADULTOS

“ Ioga para a vida e o coidado do teu benestar físico, mental e emocional”

Grupos martes e xoves.(Mañá, tarde e noite)

 

2.– CLASES DE IOGA PARA NENOS E ADOLESCENTES.

           “Xogo, atención, concentración, flexibilidade, forza, autoestima, intelixencia e sociabilidade, calma e paz”

Grupo nenos: 6– 10 anos.

Grupo adolescentes: 11-14 anos.

Martes e xoves pola tarde.

 

3.- OBRADOIRO “ COMO ORGANIZAR UNHA ACAMPADA”

Actividade formativa dirixida á xuventude en xeral. Preparar todos os elementos imprescindibles para unha saída exitosa: actividades lúdicas, kit de supervivencia, montaxe de tendas e manipulación de alimentos.

Presencial, unha xornada. 10 horas.

Grupo mínimo de 15 persoas.

 

4.– OBRADOIRO “ PINTACARAS”.

Actividade formativa dirixida á xuventude en xeral.

Dominar as diferentes técnicas de maquillaxe de fantasía e pintacaras realizando caracterizacións orixinais, divertidas e novidosas.

Presencial. 1 xornada. 6 horas.

Grupo mínimo 15 persoas.

 

5.– XORNADAS MICOLÓXICAS

Actividade formativa e e de rutas pola natureza xalleira para coñecer o mundo dos cogomelos.

4 xornadas, 2 formativas e 2 de saídas á natureza. Xornada gastronómica de de degustación.

Meses de outubro e novembro.

Para tódas as idades.

 

6.- ESCOLA DE TENIS DE MESA

2 días á semana.

A partir de 8 anos.

Formación de Grupos a partir do mes de outubro.

 

7.– ESCOLA DE XADREZ

Actividade deportiva, formativa e educativa para tódas as idades.

A partir dos 6 anos.

Formación de grupos a partir do mes de outubro.

 

8.– CHARLA FORMATIVA “INCUBADORA DE PROXECTOS”.

Actividade dirixida a que xóvenes a partir dos 18 anos poidan preparar e presentar os seus proxectos dentro do programa INICIATIVA XOVE, da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

 

9.– DIFUSIÓN E FORMACIÓN PROGRAMA ERASMUS+.

Actividades formativas para os xóvenes sobre o programa de mobilidade xuvenil en Europa, Erasmus+. (Intercambios xuvenís, visitas de estudio, voluntariado europeo, intercambios académicos)

+ INFO: OMIX Santa Comba, Edif. Multiusos Teléf.: 981 81 87 10


ACTIVIDADES AULA MENTOR

 CURSO 2015/2016

 

 

Cursos a distancia certificados polo Ministerio de Educación e Ciencia e pola Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria. Na actualidade a oferta é de 140 cursos de diferentes áreas: educación, ecoloxía, programación, medios audiovisuais, saúde, hostalería e turismo,… Matrícula aberta todo o ano, agás o mes de agosto.

Prezo: 48 € de matrícula.

Correo: santacomba@aulamentor.es     tf: 663746523

 

 


 

ACTIVIDADES AULA CEMIT

 CURSO 2015/2016

 

 

– CURSOS DE INFORMÁTICA

O uso das TICs no ámbito educativo, profesional ou lúdico. Os cursos baséanse no software libre e o sistema operativo Linux.

– Cursos de informática para nenos : iniciación á informática, iniciación a Internet, procesador de textos, …

Grupo A: martes e xoves de 18:00 h a 19:00 h.   Idades: 6 a 10 anos.

Grupo B: martes e xoves de 19:00 h a 20:00 h.   Idades: 11 a 16 anos.

 

– Cursos de informática para adultos: iniciación á informática, iniciación a internet, procesador de textos, elabora o teu currículum …

Horario: martes e xoves, de 20:00 h a 22:00 h.

 

– CURSOS DE MECANOGRAFÍA

Curso de iniciación para coñecer o teclado e adquirir as destrezas básicas. Curso avanzado para traballar a axilidade e as pulsacións por minuto. O programa que se vai usar é o da Aula Mentor.

Mecanografía para adultos: mércores e venres, de 16:30 h a 17:30 h.

Idades: 16 a 65 anos.

Mecanografía para nenos: venres de 17:30 h a 18:30 h.

Idades: 7 a 15 anos.

 

Correo: Cemit.santacomba@xunta.es   tf. 663746523

 

NOTA: Os cursos da Aula Cemit son de balde e serán

           publicados mensualmente.

 


ACTIVIDADES DEPARTAMENTO DE DEPORTES

 CURSO 2015/2016

 

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2015-2016

*Baloncesto (luns-mércores e xoves Pavillón Barrié)

*Fútbol Sala (luns e mércores/ Pavillón Barrié – Pavillón Fontenla)

*Patinaxe (martes e xoves / Pavillón Barrié – Pavillón Fontenla)

*Tenis/pádel (sábados/Complexo deportivo de Fontenla)

*Aerobic Infantil (xoves/ ximnasio do Barrié)

*Taekwon-do (luns e venres/ ximnasio do Barrié)

*Voleibol (luns e mércores/pavillón Fontenla)

*Iniciación Deportiva (luns e mércores/ ximnasio Barrié)

 

Comezo (novembro de 2015)

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA ADULTOS

COMPLEXO DEPORTIVO DE FONTENLA

*Aerobic/Step ( luns e venres)

*Pilates (martes e xoves / luns e mércores)

*Spinning (luns e mércores)

*Ximnasia Terapéutica (martes e xoves)

*Circuíto (martes e xoves)

*GAP (luns e mércores)

 

CURSIÑOS DE NATACIÓN

NENOS:

Luns e mércores a partir das 17.00h

Martes e xoves a partir das 17.00h

Os venres a partir das 17.00h as A.N.P.A.S

ADULTOS:

Luns e mércores a partir das 20.00h

Martes e xoves a partir das 20.00h

Luns e mércores de 20.45h ás 21.30h Natación Terapéutica

 

Natación para bebés os mércores de 16.30h ás 17.00h

 

XXVIII LIGA E COPA DE FÚTBOL SALA SENIOR 2015/2016

Trofeos para os catro primeiros clasificados e trofeos de participación.

Duración: dende novembro ata maio de 2016.

Cota: 250€ por equipo.

Inscrición: ata o 21 de outubro de 2015.

 

NADAL DEPORTIVO

Data: 30 de decembro de 2015.

Lugar: Pista de xeo.

Cota: por determinar.

OUTRAS ACTIVIDADES

 

MES DE XANEIRO

Curso deportivo de Monitor de Ciclo Indoor Base

 

MES DE FEBREIRO

Campaña de esquí da Deputación 2016

 

MES DE MARZO

Charlas para clubes, asociacións e diversas entidades de RCP ( reanimación cardiopulmonar) e utilización do DEA (desfibrilador externo automático) por parte do grupo de investigación de Salvamento acuático e Socorrismo da UDC (Universidade da Coruña).

1ª Liga de Pádel

 

MES DE ABRIL

1ª Andaina saudable na Terra do Xallas

2ª Andaina Santa Comba – Negreira, Negreira – Santa Comba

 

MES DE MAIO

Torneo Intermunicipal de fútbol sala en Tordoia 2016

IV Torneo de Baloncesto

Clausura das Escolas Deportivas

Clausura das actividades deportivas para adultos

Clausura de Liga de Fútbol sala senior.

 

MES DE XUÑO

Carreira Escolar Deporte contra a droga

Campamento Deportivo da Deputación 2016

 

MES DE XULLO

III Torneo de Pádel

Aventura en Tapia ( de 8 aos 17 anos)

Saída ao aquapark ( a partir de 7 anos)

 

MES DE AGOSTO

Campamentos Multideportivos do Concello de Santa Comba

XIX Día da Bicicleta ( ultimo domingo de agosto)

 

Máis información na Oficina Municipal de deportes no Complexo Deportivo de Fontenla, ao lado do pavillón municipal ou no 981 10 30 34


ACTIVIDADES DEPARTAMENTO DE CULTURA

 CURSO 2015/2016

 

ESCOLA DE MÚSICA MODERNA

Inicio en outubro, sen matrícula. Formación clásica + moderna. Programación oficial. Para todas as idades. 8 profesores titulados con ampla experiencia.

 

Impartirase: Práctica teórica grupal: Música e movemento (de 3 a 5 anos) e Solfeo

Práctica instrumental individual: Piano, guitarra, baixo eléctrico, batería, canto, saxofón, clarinete, frauta traveseira, trompeta, trombón e tuba.

Horarios segundo materia

Lugar: Na Casa da Cultura.

INFORMACIÓN: 645935720 (Ramón Leis) – 9818802 75 (Casa da Cultura)

 

 

ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL

Distintas actividades: gaita, pandeireta, baile e acordeón, coas que tentamos achegar aos nenos e adultos unha parte moi importante da nosa cultura e facer unha aprendizaxe amena pero moi completa en todos os aspectos.

 

Horarios e lugar: pandeireta, baile e gaita

martes: na Casa da Cultura

17:00 – 18:00 horas: pandeireta iniciación

18:00 – 19:00 horas: pandeireta grupo 2

19.00 – 20:00 horas: Gaita iniciación

20:00 – 21:00 horas: pandeireta adultos

21:00 -22:00 horas: Gaita e percusión para Adultos

 

* mércores: na Casa da Cultura e baile no baixo da Vivenda Comunitaria

 

17:00 – 18:00 horas: Baile iniciación

18:00 – 19:00 horas: Baile perfeccionamento

19:00 – 20:00 horas: Gaita perfeccionamento

20:00 – 21:00 horas: Gaita grupo titular e charanga

21:00 – 22.00 horas: Baile grupo titular

Horarios e lugar: acordeón

mércores: na Casa da Cultura, 20:00 a 23.00 horas

 

+ INFORMACIÓN:

Pand., baile e gaita: 657810611 (Pablo Seoane) -981880275 (Casa da Cultura)

Acordeón: 639836619 (J.Manuel Suárez)- 981880275 (Casa da Cultura)

 

ESCOLA DE TEATRO E EXPRESIÓN CORPORAL

Ademais de achegar aos nenos ao teatro cunha obra que se escenificará a finais de curso. O interese subxacente desta actividade é a mellora do alumno no seu rendemento intelectual, cognitivo, dicción, locomotriz, interacción cos seus semellantes, expresividade e relación co seu propio eu.

“ O corpo como ferramenta de comunicación”

Coñecementos que atesourarán ó longo da súa vida.

Horarios e lugar: luns e mércores no Edificio Multiusos.

Teatro infantil e xuvenil: a determinar segundo grupos

Expresión corporal (para adultos): 20:00 a 21:00 horas

Teatro adultos: de 21:00 a 23:00 horas

INFORMACIÓN: 686148512 (Xan Martínez)- 981880275 ( Casa da Cultura)

 

CLASES DE DEBUXO E PINTURA

Aprenderemos a: Pensar e disfrutar coa arte. Debuxar e pintar a distintos niveis. Utilizar diferentes técnicas e materiais nas nosas creacións.

Horarios:

Os venres de 17:00 a 21:00 horas ( faranse grupos por materias e idades)

Lugar: Aula no Recinto feiral.

INFORMACIÓN: 620505600 (María Rodríguez)- 981880275 (Casa da Cultura)

 

CLASES DE BAILE DE SALÓN

A proposta inclúe: baile deportivo para nenos, precompetición e baile de salón para adultos.

Horarios e lugar: luns e venres no baixo da Vivenda Comunitaria

luns: 18:15 – 20:15 horas: dous grupos de nenos

venres: 22:00 – 23:00 horas: grupo adultos

 

+ INFORMACIÓN: 607323391 (Graciela Toba ) – 981880275 (Casa da Cultura)

 


ACTIVIDADES DEPARTAMENTO EDUCACIÓN

 CURSO 2015/2016

 

ADULTOS

 

1.- Educación Secundaria Obrigatoria para Adultos (ESO).

Curso dirixido a todas aquelas persoas que estean interesadas e queiran examinarse para obter o título da ESA (Educación Secundaria de Adultos).

HORARIO: 19:00-22:00

 

2.- Bacharelato.

Curso dirixido a todas aquelas persoas que estean interesadas e queiran examinarse para obter o título de Bacharelato: modalidade Ciencias Sociais. Duración dous anos académicos.

HORARIO: Titorías: 20:00-22:00

 

3.- Competencias Clave.

Nivel 2:

Dirixido aquelas persoas que non teñen os estudos suficientes para poder acceder aos cursos AFD que requiran o Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

HORARIO: Luns, 16:00-19:00.

 

Nivel 3:

Dirixido aquelas persoas que non teñen os estudos suficientes para poder acceder aos cursos AFD que requiren o Bacharelato.

HORARIO: Mércores, 16:00-19:00.

 

4.- Alfabetización para adultos.

Clases de alfabetización e cultura xeral para alumnos que nunca estiveron escolarizados.

HORARIO: Xoves, 19:30-21:00.

 

5.- Español para Estranxeiros.

Clases de español para inmigrantes ou emigrantes retornados que o precisen. Nestas clases o alumnado aprenderá o funcionamento da lingua en diversos niveis ademais de contidos culturais que lles permitirá achegarse e comprender mellor a realidade cotiá na que se atopan.

HORARIO: Mércores, 19:30-21:00.

 

6.- English for Travelling (Inglés para viaxar)

Destinado a todas aquelas persoas que desexen viaxar ao extranxeiro co fin de que aprendan expresións e vocabulario para poder comunicarse en situacións como: preguntar como chegar a un sitio, no hotel, no aeroporto, etc.

 

HORARIO: Luns, 20:00-21:30

DURACIÓN: Trimestral

 

INFANTIL – XUVENIL

 

1.- Expresión escrita.

Con este obradoiro preténdese fomentar o interese pola expresión escrita e proporcionarlle aos alumnos as destrezas básicas para tal fin.

ALUMNOS: 1º e 2º ESO.

HORARIO: Xoves, 18:00-19:00.

 

2.- Técnicas de estudo.

O obxectivo primordial deste obradoiro é que os alumnos aprendan a estudar, ou mellor dito, aprendan a aprender.

 

GRUPO 1:

ALUMNOS: 5º e 6º primaria.

HORARIO: Mércores, 18:00-19:00.

DURACIÓN: Trimestral

 

GRUPO 2:

ALUMNOS: 1º e 2º ESO

HORARIO: Martes, 17:00-18:00.

DURACIÓN: Trimestral.

 

3.- Obradoiro de Matemáticas.

Tratase de acercar diversos contidos matemáticos aos alumnos dunha forma lúdica e entretida.

GRUPO 1:

ALUMNOS: 4º, 5º e 6º de primaria.

HORARIO: Martes, 17:00-18:00 e Xoves 18:00-19:00

GRUPO 2:

ALUMNOS: 1º e 2º da ESO.

HORARIO: Martes, 18:00-19:00 e Xoves, 17:00-18:00

4.- Obradoiros de Inglés:

  1. Funny English. Familiarizar aos máis pequenos coa lingua inglesa en situacións de comunicación simples e significativas para esta idade mediante contos, cancións, xogos, etc.

ALUMNOS: Educación Infantil

HORARIO: Lunes, 17:30-18:30.

 

  1. English for kids. Entender e saber expresarse en inglés usando frases sinxelas e vocabulario básico tanto dentro dunha aula de inglés como noutras situacións referentes as rutinas, saludos, órdenes, etc

GRUPO 1:

ALUMNOS: 1º, 2º primaria.

HORARIO: Martes, 17:00-18:00.

 

GRUPO 2:

ALUMNOS: 3º, 4º primaria.

HORARIO: Mércores, 17:00-18:00.

 

  1. Working in English. Traballar os conceptos gramaticais e vocabulario propios do seu curso mediante a realización de exercicios escritos e auditivos de forma lúdica.

ALUMNOS: 5º, 6º primaria.

HORARIO: Xoves, 18:00-19:00.

 

  1. Obradoiros de gramática (Nivel I e Nivel II). Axudar aos mozos/mozas que están cursando a ESO nas dificultades que poidan ter sobre conceptos gramaticais da lingua inglesa ademais de practicar as catro destrezas: listening, speaking, reading and writing.

NIVEL I:

ALUMNOS: 1º, 2º ESO

HORARIO: Martes, 18:00-19:00.

 

NIVEL II:

ALUMNOS: 3º, 4º ESO

HORARIO: Mércores, 18:00-19:00.

 

+INFO E INSCRICIÓN: Edificio Multiusos en horario de 16:00 a 22:00.

Tf. 981 81 87 10

PREZO: Actividades para adultos, 10€/mes

   Actividades infantil/xuvenil, 8€/mes

           (Consultar descontos)

 

 

 

 

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR