981880075
Seleccionar página
A alcaldesa María Pose recibiu a Luis Alberto Gerpe De Las Heras na Casa do Concello, un dos únicos matadores de touros de Galicia.
 
O Toureiro asinou no Libro de Honra do Concello e foi agasallado con unha figura artesana de Santa Comba.
 
Luis Alberto, que estivo acompañado polo seu avó, expresou a súa ledicia por pasar uns días no noso concello, logo dunha longa xira por América latina, onde visitou países como Mexico, Colombia e Perú, cunha longa tradición no mundo da tauromaquia.
 
O toureiro, de 23 anos de idade, fixo o seu debut o 30 de maio de 2007 e tomou a alternativa como matador de touros o 30 de agosto do 2015. Triunfou na ” catedral española da tauromaquia”, a Plaza das Ventas de Madrid, onde se vestiu de luces 8 tardes, cortou 3 orellas e dou 2 voltas ó ruedo, en actuacións que chamaron a atención do exixente público madrileño.
 
Seus avós e pai son naturais de Rieiro (Arantón).