981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Bases reguladoras da convocatoria do programa de subvencións dirixido a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas, da provincia da Coruña, no ano 2017

0

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/04/06/2017_0000002837.pdf

Bases reguladoras da convocatoria do programa de subvencións dirixido a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas, da provincia da Coruña, no ano 2017

Base 5. Solicitantes

Poderán participar as seguintes entidades, que cumpran os requisitos do seguinte apartado, no momento de presentaren a solicitude:
– Os consorcios turísticos e mancomunidades, con domicilio fiscal na provincia da Coruña, que consten debidamente rexistrados con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2017.
– As asociacións turísticas que teñan como finalidade a xestión dun xeodestino, con domicilio fiscal na provincia da Coruña, que consten debidamente rexistradas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2017 e que estean participadas, como mínimo, do 75% dos concellos do territorio do xeodestino.
 – Outros modelos de entes de xestión turística nos que a cota de participación ou o capital maioritario sexa de carácter público e que consten debidamente rexistrados con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2017.
– As asociacións sen ánimo de lucro que teñan actividade turística e manteñan oficinas turísticas operativas e atendidas, en edificios singulares ou significativos (museos, centros de interpretación, faros, castelos…).

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR