981880075
Seleccionar página

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez visitou este martes o concello de Santa Comba, onde foi recibida na casa consistorial pola alcaldesa, María Pose e por membros do goberno local. Alí mantivo unha xuntanza de traballo a que tamén asistiu a delegada territorial da Xunta na provincia de A Coruña, Belén do Campo.

 

A conselleira anunciou que desde este mércores, coa publicación no Diario Oficial de Galicia, comezarase cos trámites de expropiación dos terreos afectados polo proxecto de construción da estrada Santa Comba-Santiago de Compostela. A primeira fase de actuación será o treito que une ao polígono industrial e Abuín, que será contratado no 2015 e no a Xunta investirá uns tres millóns de euros.

 

Ethel Vázquez tamén ratificou o seu apoio para acometer un novo acceso a depuradora e a ampliación do Polígono Industrial xalleiro.