981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Intercambio xuvenil a Venecia

0

Intercambio xuvenil a Venecia

 

Convócanse prazas para asistir a un intercambio xuvenil a Venecia (Italia), enmarcado dentro das relacións bilaterais que mantén este concello con distintas entidades noutros países

 

No marco de facilitar os xoves do noso concello o coñecemento de outras realidades socioculturais, económicas e políticas, convocase un intercambio a Venecia-Italia, enmarcado dentro das relacións bilaterais que se manteñen con distintas entidades noutros países

Obxectivo: Facilitar o coñecemento doutras realidades socioculturais, medioambientais e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural e medioambiental, e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal. 

Datas de realización do intercambio: do 2 de setembro ao 9 de setembro de  2018

Prazas: 10

Lugar de realización do intercambio: Na cidade de Venecia

Destinatarios: mozos e mozas residentes en Santa Comba con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio.

Prazo de inscrición:  ata ó 1 de xullo de 2018.
Inscrición:  mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante.

Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir comunicación de confirmación da praza o último día de inscrición, entenderase que non obtivo praza para o intercambio.

O estar as plazas completas realizarase unha reunión para facilitar información complementaria os admitidos.

Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude.

Realizarase unha lista de espera por si houbera renuncias as prazas de admitidos.

Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir comunicación de confirmación a o día 25, entenderase que non obtivo praza para o intercambio.

Confirmada a praza nos 5 días (naturais) seguintes as persoas seleccionadas deberán remitir a documentación que a continuación se indica ao correo  que se lles facilitara no seu momento.

– Unha copia do billete de transporte adquirido para desprazarse ata o aeroporto mais próximo da cidade do país do intercambio. Non é documento válido a reserva de voo.
– Unha copia da Tarxeta Sanitaria Europea , ou seguro privado.
A non remisión destes documentos no prazo establecido supón a perda da praza no intercambio.
De darse baixas despois de ter sido adxudicadas as prazas, ofertaránselle aos seguintes da lista de espera, tendo que presentar estes os billetes e a documentación nos 3 días (naturais) seguintes da comunicación.
De ser o caso de que o billete de transporte adquirido fose anulado posteriormente a súa remisión, o Concello de Santa Comba, anulará a praza e será considerada non adxudicada.
Recibidos correctamente as copias dos documentos requiridos, posteriormente as  persoas seleccionadas seralles facilitado o nome do coordinador que acompañará ao grupo, así como o lugar e a hora de encontro  en Venecia , e o nome do aloxamento de celebración do intercambio.
Cobertura do intercambio:
Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
Trasporte no ámbito do intercambio unha vez chegado o aloxamento e ata saír deste de volta.
Actividades organizadas pola entidade de acollida: 
– Coñecemento da entidade de acollida

– Percorrido cultural polos principais monumentos da cidade de Venecia.
– Visita as Illas de Murano e Burano.
Será a cargo do/a participante:
Os gastos de desprazamento dende Galicia ata o lugar do intercambio. 
A obtención da Tarxeta Sanitaria Europea ou seguro médico que dea cobertura equivalente durante a duración do intercambio.

Dirección para enviar os formularios de solicitude:

intercambioeuropeo@gmail.com

 

Recomendación de aeroporto máis próximo:

Aeroporto Internacional Marco Polo.

Aeroporto de Venecia-Treviso (TSF).

Aeroporto de Milán-Bérgamo

 

FORMULARIO DE SOLICITUDE

DATOS QUE DEBEN FIGURAR EN EL FORMULARIO

 

Nome y Apelidos

Domicilio

Código Postal

Fecha Nacemento

Teléfono móbil                                            Teléfono fixo

E-mail

Telefono de persoa de contacto

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR