981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

ENTRADA EN VIGOR DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA PROTECCIÓN DOS CAMIÑOS MUNICIPAIS EN RELACIÓN COAS OPERACIÓNS FORESTAIS, ACCESOS ÁS FINCAS E CONSERVACIÓN DAS MESMAS.

0

ENTRADA EN VIGOR  DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA PROTECCIÓN DOS CAMIÑOS MUNICIPAIS EN RELACIÓN COAS OPERACIÓNS FORESTAIS, ACCESOS ÁS FINCAS E CONSERVACIÓN DAS MESMAS.

Comunícase a entrada en vigor da ordenanza municipal reguladora da protección dos camiños municipais en relación coas operacións forestais, accesos ás fincas e conservación das mesmas.

O texto íntegro da ordenanza saiu publicado no B.O.P. núm. 18 do xoves, 25 de xaneiro de 2018 , ( http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/01/25/2018_0000000552.pdf )  entrando en vigor, a partires de hoxe, venres, 16 de febreiro.

O obxecto de dita ordenanza é a protección dos camiños e vías públicas municipais, fronte aos danos e desperfectos que poden sufrir os mesmos como consecuencia das sacas de madeira ou outros usos ( susceptibles de danar as vías e camiños públicos municipais ) que se produzan dentro do termo municipal,  ademáis de regular a limpeza de fincas e solares extremeiros coa vía pública, os accesos ás fincas e a conservación das cunetas e sumidoiros. 

Aos efectos de garantir a preservación do medio ambiente e da conservación dos camiños e pistas municipais, a partires de hoxe, faise obrigatoria a comunicación de tala ó concello por parte da persoa física ou xurídica que actúe en calidade de madeireiro, que non eximirá da obriga de obter os restantes permisos e licenzas que resulten procedentes segundo a normativa sectorial.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR