NOVA APP DO CONCELLO DE SANTA COMBA

NOVA APP DO CONCELLO DE SANTA COMBA
Desde esta semana, toda a veciñanza que o desexe ten unha nova fonte informativa na Terra do Xallas. Trátase da nova Aplicación para telefonía móbil do Concello de Santa Comba. Unha nova e completa ferramenta, desenvolta con medios propios a través do Departamento Municipal de Multimedia, e que achega contidos do máis diverso.Unha das novidades é que a persoa que a descargue, pode elexir os contidos informativos dos que lle chegarán notificacións.
Así, e desde agora, poderase recibir noticias sobre cursos, eventos, plenos, esquelas, ofertas de emprego, etc, directamente no móbil, so con suscribirte ós temas que máis interesen.A aplicación poderase descargar en breve na “Play Store” e é completamente gratuita. Para os que a queiran disfrutar desde xa, deixamos aquí o enlace directo de descarga para subscribirse.

Busquen en Google Play por concellodesantacomba para descargala ou aqui:

https://play.google.com/store/apps/details?id=concello.desantacomba&hl=es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *