981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Augas Superficiais

0

ESTACIÓNS DE MOSTRAXE DE AUGAS SUPERFICIAIS (DISTINTOS TREITOS DO RÍO XALLAS E OS SEUS AFLUENTES)

 

MOSTRAXE Nº 23:  RÍO XALLAS 1. AGRA DE BAZAR  (BAZAR)
LOCALIZACIÓN: A entrada de Bazar nun desvío á dereita, nunha ponte que hai a uns 200 m.
OBSERVACIÓNS: Trátase dun río de baixo caudal que nace na conca do Monte Castelo que xunto a outros regatos dan lugar ó inicio do Río Xallas. Non se distinguía ningún tipo de olor ou cor en particular. As augas transcorren claras. Os veciños utilizan o lugar para encher os tractores cisterna e lavar os pozos negros.

MOSTRAXE Nº 24:  RÍO XALLAS 2. REGO DE BAZAR (O CARBALLAL – BAZAR)
LOCALIZACIÓN: Na entrada ó Carballal, collemos un camiño de pedras á esquerda. A mostraxe tómase xusto onde o regato atravesa o camiño.
OBSERVACIÓNS: É un río de baixo caudal que nace na conca do Monte Castelo. É un dos regatos que dan lugar ó inicio do Río Xallas. Non se observa nin cor, nin olor, só unha lixeira escumación ó lado do camiño.

Compartir

Escribir un comentario

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR