981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Pazos e Casas

0

PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTÍSTICO (Pazos e Casas señoriais):

Pazo de Boimente, San Pedro de Xallas de Castriz. Construción: Século XVII

Atópase bastante deteriorado. Hai que destacar a presenza dun grande escudo de armas feito en granito.

A colocación das novas fiestras de aluminio rompe o conxunto orixinal

 

Pazo de Cícere de Arriba, San Pedro de Cícere. Construción: Séculos XVI e XVII

Forma co Pazo de Abaixo un único bloque. Son visibles tres escudos de armas, unha árbore de lanzas

dos Caamaño e un xaquelado alusivo ós Bermúdez. Ten unha inscrición coa data de construción: A.1577.

Recentemente restaurado.

 

Pazo de Cícere de Abaixo, San Pedro de Cícere. Construción: Séculos XVI e XVII

Forma co Pazo de Arriba un único bloque. Ten dous grandes escudos (un deles coas armas de Frei

García de Pardiñas). Nos brasóns que adornan o seu exterior distínguense as liñaxes dos Bermúdez,

Moscoso, Castelo.

 

Pazo en Freixeiro, San Fiz de Freixeiro. Construción: Século XVIII

Foi propiedade dos Condes de Gimonde ata a súa venda á familia actualmente propietaria. Destaca a

presenza do escudo de armas dos Bermúdez, que tamén se reproduce na fachada da igrexa parroquial.

 

Pazo de Santiso. Sta. Comba, San Pedro de Santa Comba Construción: Século XIX

Os seus fundadores foron Dna. Josefa Bermúdez de Leis e o seu home D. Manuel María Cancela Turnes.

Os donos ata o ano 2004 era a familia Santiso que o doou ao Concello de Santa Comba. Estase restaurando.

 

Pazo de Randufe. A Torre, San Pedro de Santa Comba. Construción: Século XVII

Está vinculado ós pazos de Cícere, dos que se desvincula no século XVIII cando Juana de Prego de

Montaos llo deixa en herdanza á súa filla Dna. María Isabel Varela Prego de Montaos. Na fachada posterior

conserva restos dun brasón.

 

Casa con escudo. Freixeiro, San Fiz de Freixeiro. Construción: ¿?

Atópase case en fronte do Pazo de Freixeiro. É unha casa de reducidas dimensións. Amosa a fachada e

muro lateral feitos con perpiaños de boa cantaría. Sobre o lintel da porta destaca unha pedra con escudo.

 

Casa en Estévez, Santa Pedro de Castriz. Construción: ¿?

Coñecida hoxe en día como Casa do Raxado. É probable, segundo nos contan os veciños, que nalgún

tempo fose sede co Concello e cárcere.

 

Casa no Castro, Santa María de Montouto. Construción: ¿?

Coñecida actualmente como Casa da Camaña. Atópase moi modificada coa fachada oculta por unhas

cortes feitas recentemente. Conserva elementos propios dunha arquitectura pacega.

 

Casa en Cubelo, San Pedro de Santa Comba. Construción: ¿?

Pertenceu ata finais do século pasado á familia Salgado, donos da maioría das propiedade do lugar do

Cubelo. É, na actualidade, propiedade de Dolores Arosa Mejuto. Falamos máis extensamente dela no

apartado de curiosidades.

 

PATRIMONIO HISTORICO-ARTÍSTICO (Casas con portadas ornamentais):

Casa en Sabaceda, San Mamede de Bazar. Construción: ¿?

No lintel da porta da fachada principal ten un relevo en forma de estrela de cinco puntas.

 

Casa en Castriz, San Pedro de Castriz. Construción: ¿?

Casa con porta en arco de cantaría, na marxe dereita da estrada que vai de Santa Comba á Coruña.

O resto da fachada é vivenda foi modificada con formigón e ventás de aluminio

 

Casa en Castriz, San Pedro de Castriz. Construción: ¿?

Na marxe dereita da estrada de Santa Comba á Coruña. Ten sobre a porta un lintel cunha cruz e inscrición:

"Don Joseph García Picada/año D 1778"

 

Casa en Frieiro, San Pedro de Castriz .Construción: ¿?

Presenta un relevo en forma de estrela de cinco puntas no lintel da porta principal

 

Casa en Estévez, San Pedro de Castriz. Construción: ¿?

Denominada Casa de Otero, ten un lintel, unha porta do interior da casa con tres cruces e símbolos.

 

Casa en Santa Cataliña, San Pedro de Santa Comba. Construción: ¿?

Ten no lintel da porta na fachada un relevo con forma de estrela

 

Casa en Ventosa, San Pedro de Santa Comba. Construción: ¿?

Amosa escudos encastrados nos laterais da cancela do muro de entrada

 

Casa en Busto, San Xulián de Santa Sabiña. Construción: ¿?

Mostra sobre o lintel da porta un relevo con figura zoomorfa

Compartir

Escribir un comentario

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR