981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Paisaxe

0

Foise humanizando, transformando zonas de monte en pastos para o gando e repoboando con árbores

de maior rendibilidade cás especies autóctonas.

VEXETACIÓN:

Predominan as superficies de landa atlántica formada por toxos de diversos tipos, carpazas e xestas nas

terras máis elevadas, e é abundante a vexetación de porte almofado. A vexetación predominante é

a de matogueira de landas e pradarías, así como os bosques de piñeiros e eucaliptos. As principais

especies arbóreas son de repoboación, o piñeiro e o eucalipto, e nas beiras dos ríos hai salgueiros, ameneiros

e bidueiros. A pesar das repoboacións, o bosque é pouco denso en tódalas parroquias, salvo

na de Grixoa, onde chega a cubrir a terceira parte da superficie da parroquia.

TERRAS (Usos):

Son abundantes os terreos con drenaxe insuficiente, ocupados por formacións vexetais non arbóreas

como turbeiras, brañas, prados de sega ou de pasto. De mal drenaxe denominado braña, fanse eco os

topónimos: Braña Rica, Braña Rubia, Braña de Esmorode, etc. O reparto do uso da terra é o seguinte:

Labor e pradarías: 34,60 %. Matogueiras: 43,20 %. Supeficie arbórea con especies forestais: 2,0 %.

Improdutivo: 2,20 %

TERRAS (Concentración parcelaria):

Rematada: En nove das dezasete parroquias, Alón, Castriz, Cícere, Fontecada, Grixoa, Mallón, A Pereira,

Ser e Vilamaior. Como curiosidade cómpre indicar que estas dúas últimas iniciaron o seu proceso máis cedo, nos

anos 60.

Sen rematar: Pendentes de diferentes trámites as concentración privadas de Montes de Frieiro e Montes

de Truebe, Castriz e Mallón.

En proceso: Bazar, Santa Sabiña, Arantón, Freixeiro e diversos lugares da parroquia de Santa Comba

como A Aldea, Combarro ou Randufe.

TERRAS (Mecanización):

Santa Comba ten o índice de mecanización das explotación agrarias máis elevado da provincia da

Coruña.

TERRAS (Tamaños):

Tamaño medio das parcelas: 0,7 Ha. Tamaño medio das explotacións: 6,9 Ha (superior á media galega

que é de apenas 6 Ha). Repártense o territorio municipal máis de dúas mil explotacións

MONTAÑAS:

Aínda que carece de aspecto montañoso debido á ausencia de perfís orográficos de importancia, o que amosa

unha forte horizontalidade, está envolta nun cinto montañoso con cotas de relativa importancia.

COTAS DE RELATIVA IMPORTANCIA:

Predominan os montes de cotas altas que non superan os 10 Km de lonxitude. Na conca do Río Xallas:

Monte Castelo de 569 m. Monte Aro de 555 m. Monte Couso de 538 m. Rodeando a conca do Río

Xallas: Monte Xalo de 527 m. Pico de Meda 566 m. Moa do Pindo de 641 m. Tremuzo de 525 m. Seixo

Branco de 571 m. Medoña de 581 m. (case todos fóra do límite municipal)

SUBSTRATO ROCHOSO:

Distínguense tres zonas coincidentes no transcurso do río Xallas. Treito alto: Predominio de rochas metabásicas

(garbos e anfobolitas). Treito medio: Predominio dos xistos e gneises migmatíticos. Treito final:

Predominan as rochas graníticas.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR