981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Hábitat

0

UNIDADE DO HÁBITAT:

A aldea é a unidade do hábitat máis elemental, formada por unha agrupación de casas de reducidas

dimensións, aínda que máis grandes ca noutras partes de Galicia.

HABITANTES POR ALDEA:

Se calculamos unha media entre a poboación actual do concello e o número de entidades de poboación

atopámonos cunha cifra de 78 habitantes por aldea.

VIVENDA TIPO:

Tradicional, con múltiples variantes asociadas ás melloras económicas da segunda xeración de emigrantes,

sobre todo, os que se dirixiron a centroeuropa, que cando retornaron invistiron os seus aforros nas

vivendas, e, en menor medida, nas explotacións agropecuarias. Xeralmente son de dúas alturas, muros

de cachotaría reforzados nas esquinas e nos marcos con pedra de cantaría, cubertas a dúas augas e

maioritariamente con tella curva. Con alpendres, palleiras e outras construcións para diferentes usos

complementarios á vivienda. Son abundantes as lareiras e os hórreos

Compartir

Escribir un comentario

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR