981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Actividade económica

0

Basicamente son a agricultura e gandaría as actividades que ocupan case á metade da poboación activa

(39,9 %). O sector secundario, co 31%, é a pequena empresa, sobre todo, a relacionada coa construción,

e o resto é o sector comercial e de servizos. Non é Santa Comba un municipio con moita actividade

industrial, aínda que incrementou ultimamente e chega a ocupar o 12% da poboación activa. A

construción dá emprego ó 19,9% da poboación.

Sempre, aínda antes de constituírse o Concello de Santa Comba como o coñecemos actualmente, os

moradores destas terras foron labregos. Pero a industria extractiva tivo, no pasado recente, unha grande

importancia. A extracción de volframio na mina de Varilongo que ten máis de 8 km de longo por 1

km de ancho en galerías subterráneas, chegou a converterla na primeira de Europa e unhas das punteiras

no mundo, sobre todo, nos tempos da Segunda Guerra Mundial cando fornecía de materia prima

para a construción do armamento das panzers divisións do terceiro reich do exército alemán e tamén

ó exército inglés e ó americano para a guerra de Corea. No seu máximo apoxeo chegaron a traballar

nela arredor de 4.000 persoas. A mina pechou no ano 1984 e a principios do 2000 o concello comprou

parte da mesma para restaurala. (Falamos máis amplamente deste tema nun capítulo específico).

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR