981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Seis mulleres xalleiras contando as súas experiencias

0

O CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba acolleu unha xornada con motivo do día internacional da muller traballadora e que tivo como protagonistas a seis mulleres xalleiras relacionadas co mundo da imaxe.

IMG-20150310-WA0003
Catrocentos nenos e nenas deste centro educativo participaron nas tres sesión que se organizaron. A primeira intervención foi a da actriz Isabel Blanco e da fotógrafa Teresa Castro (Fotos Teca). Blanco falou dos seus comezos no mundo da televisión e do cine e Castro sobre a súa tarefa de fotógrafa. Aproveitou o acto para ensinarlle ós alumnos unha mostra de distintas cámaras de diferentes épocas.
A seguinte quenda tivo como protagonistas a xornalista Isabel Durán, que falou sobre a incorporación da muller ó mundo do xornalismo e sobre o mundo da televisión, e a Esther Pereira, que rexenta a perruquería “Garota” e reflexionou sobre a imaxe, e estética e incluso ofreceu unha clase práctica de maquillaxe.

 

Por último, houbo unha terceira sesión na que interviron Isabel Silvariño(Fotos Silvariño) que falou sobre a fotografía e as novas posibilidades do mundo dixital e Florinda Brenlla, que está a fronte dun obradoiro de corte e confección, e que comentou distintos aspectos da súa profesión. O CEIP aproveitando que teñen un proxecto educativo para a súa biblioteca relacionado co cine organizou estas charlas.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR