981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Partido solidario

0

Este martes, 30 de decembro o campo de Fontenla acolle un partido solidario entre unha selección da Costa da Morte e o Coruxo.

 

O Concello de Santa Comba, coa colaboración da Cruz Vermella, Ferroatlántica e o Coruxo F.C. e co do diario dixital da Costa da Morte Quepasanacosta, está a organizar o Partido Solidario do Combinado da Costa da Morte contra o equipo vigués da 2ª División B.
Onte tiña lugar a presentación no Museo Terra do Xallas, no Concello de Santa Comba, coa presencia da alcadesa María José Pose Rodríguez, a técnica da Cruz Vermella Vimianzo Noelia Quintáns e Alberto Pose de QPC.

 

Alberto Pose explicou o obxectivo do partido, que non é outro que o de mercar roupa deportiva para os nenos e nenas menos favorecidos dunhas 80 familias das comarcas de Xallas e Soneira, e destacou o tirón que ten o fútbol da Costa entre a poboación.

Pola súa parte, Noelia Quintáns Pose indicou que a cruz Vermella de Vimianzo está impulsando varios programas na comarca tanto no reparto de alimentos como na consecución de recursos para a xente de menos recursos, er agracedeu a colaboración do fútbol costeiro.

 

A Alcaldesa de Santa Comba, María Pose, indicou que o concello que dirixe sempre estará disposto a colaborar cos seus medios para organizar eventos de ámbito comarcal, e moito máis si estes teñen unha finalidade solidaria. Pose, que antes de ostentar a Alcaldía xalleira era a Edil de Servizos Sociais, amosouse sensibilizada coa situación das familias con menos posibilidades nestas datas, e resaltou os diversos programas que o concello impulsa para o seu apoio, como o de alimentos, material escolar ou roupa.

 

Este encontro solidario recaudará fondos a través de entradas solidarias e diversos sorteos para donar material deportivo ós nenos da comarca que contan con menos recursos.

O partido que se disputará o martes 30 de decembro ás 20:30h no Campo Municipal de Fontenla,en Santa Comba medirá a un Combinado de xogadores da Costa da Morte e un dos mellores equipos de Galicia, como é o Coruxo F.C., da 2ª B. Un Coruxo que ademais conta nas súas filas cun membro costeiro, como é o sue segundo adestrador Miguel Domínguez Formoso, natural da localidade carnotana de Lariño.

 

O Combinado costeiro, seguindo a liña do partido que disputou en Baioo no verán contra o Fabril, sae das votacións que 140 persoas relacionadas co Fútbol da Costa realizaron durante o pasado curso no diario dixital QPC.

 

Fila 0
E para que non poida achegarse ata Santa Comba, a organización abre a posibilidade de que todo aquel que queira poñer o seu gran de area para colaborar, o poida facer a través da Fila 0, do número de conta da Cruz Vermella Vimianzo:

– Nº de conta: EUR 2080-0082-45-3040003688. ( Asunto: Partido Solidario)

A entidade Ferroaltántica anunciou que colaborará aportando fondos para esta causa, e queda aberta a colaboración para calquera entidade que o desexe.
Sorteos
E para animar á xente a acodir ao campo do Fontenla o vindeiro martes 30, a organización está conseguindo camisetas de equipos de primeirísimo nivel,
asinadas para sortear durante o descanso.
Polo de pronto, sortearemos as do Deportivo, Barcelona, At. Madrid, Real Madrid, Mallorca, Manchester City, a de Rubén Martínez, porteiro do Almería ou a do xalleiro do Sabadell de 2ªA, Víctor Espasandín e algunha máis.

A entrada será á vontade, e podese tamén acodir con alimentos non perecedeiros, pois a Cruz Vermella e o Concello de Santa Comba tamén solicitan a colaboración nesta colleita, destinados ós seus bancos de Alimentos.
A convocatoria

O Combinado da Costa estará dirixido polo actual adestrador do Outes CF Manu Roque, escollido Mellor Adestrador da temporada pasada, acompañado por Óscar Leis, do equipo xuvenil do Dumbria CF, como segundo; foi escollido seguindo a liña da elección do ano pasado, deixando paso algúns veteranos a novas incorporacións.

• Porteiros: Julián (XSC) e Pombo (Malpica).
• Lateral Dereito: Rubén Forján (XSC) e Adrián (Malpica).
• Lateral Esquerdo: Oscarín (XSC) e Pereiro (Zas).
• Centrais: Aarón (XSC), Chúa (Outes), Iago (Dumbria) e Álex (Castriz).
• Medios: Brais (Corme), Lucas (Corme), Jota (Xallas) e Diego Cespón (Dumbría).
• Interior Dereito: MC (Baio) e Recarey (Ponteceso).
• Interior Esquerdo: Iván Rojo (Sofán) e Toniño (Corme).
• Dianteiro: Javi Suárez (Baíñas), David Blanco (Zas), Adrián Makaay (Dumbría) e Juan de
Dora (Dumbría).

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR