981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Concurso de escaparates de nadal

0

O concello de Santa Comba organiza un ano máis o concurso de escaparates co que pretende dinamizar o comercio local e fomentar o ambiente de nadal nas rúas de Santa Comba.

 

Desde a concellería de Comercio, Turismo e Promoción do Emprego acábase de abri-lo prazo de inscrición ata o vindeiro 26 de decembro. Os escaparates participantes deberán permanecer invariables desde o remate do prazo de inscrición e ata o 6 de xaneiro de 2015.

 

O concurso, coordinado desde a Oficina de Emprego e Desenvolvemento Local, conta coa colaboración da asociación de empresarios de Santa Comba.Haberá tres premios de 500, 300 e 150 euros para os gañadores. Pódese obter máis información e inscribirse na Casa do concello, centro municipal de cultura, edificio multiusos ou no local da asociación de empresarios de Santa Comba.

 

Na pasada edición os premiados foron (por esta orde): Fotos Teca, Zapatería Pisotones, Citania interiorismo.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR