981880075
Seleccionar página


Inscrición aberta ata o 28 de agosto

A Oficina municipal de Deportes do concello de Santa Comba organiza un ano máis o Día da Bicicleta. Os interesad@s poden inscribirse ou obter máis información ou anotarse na Oficina de Deportes ou ns teléfono 663 728 964 (de 09.30h ás 13.30h).

O prazo de inscrición remata o 28 de agosto.

Os ciclistas percorrerán un traxecto de 40 quilómetros desde a Casa da Cultura xalleira ata Esmorode.
 

 

 

A comitiva arrancará o domingo 31 de agosto desde as inmediacións da Casa da Cultura xalleira. As primeiras pedaladas serán polo casco urbano (rúas Alfonso Molina e Pontevedra),para continuar polo camiño do Couto ata Ser, onde haberá o primeiro avituallamento.
 

 

Logo continuarase polos lugares de Bustelo, A Bouza, Traba, Frieiro, Castriz e o encoro da Fervenza. Aquí cumprirase a metade da ruta e haberá un segundo avituallamento. Posteriormente os participante nesta xira seguirán polas ribeiras do río Xallas e pola igrexa de Castriz e continuarán por Amarelle, avenida de Mourelle, camiño da Lebre, parque empresarial, O Cataduiro, e Alón para rematar na área recreativa de Esmorode.

 

 

A cita está organizada pola Oficina de Deportes de Santa Comba. Desde o concello tamén se mobilizarán efectivos de Protección Civil e da Policía Local para o correcto transcorrer da xornada. Desde a organización recórdase que o prazo límite de inscrición é o 28 de agosto, e aconséllase o uso de casco e de bicicleta de montaña.