981880075
Seleccionar página


Mostra dun premio internacional promovido pola Deputación.

A concelleira de Cultura, María Josefa Pose Rodríguez inaugurou este mediodía unha nova exposición que completa a oferta permanente do Museo da Terra do Xallas.

Trátase dunha mostra con gravados e creacións seleccionadas no VI Premio internacional de arte gráfico Jesús Núñez, que se poderá visitar ata o 13 de febreiro no horario habitual de apertura do recinto habilitado na Casa do Pozo de Santa Comba.

A exposición ubicada na sala nobre do Museo Terra de Xallas promóvese gracias a colaboración entre o concello de Santa Comba e a Deputación provincial coruñesa.