981880075
Seleccionar página


Este domingo torneo de baloncesto en Fontenla

O pavillón municipal de Fontenla acolle este vindeiro domingo 25 de maio o II Torneo do concello de Santa Comba de baloncesto para categorías de base, nas modalidades de benxamín masculino, alevín masculino e alevín feminino.
Os encontros disputaránse desde as 15:30h. Competirán formacións das seguintes entidades:Carballo Básket, CB Artai, Embal, EDM Santa Comba, e ABC Costa da Morte. O acto de clausura previsto para as 18:30h e consistirá nunha entrega de medallas, sorteo de camisetas e unha merenda para os participantes no torneo. A organización corresponde a concellaría de Deportes do concello de Santa Comba e conta co patrocinio de Supermercados Familia.

O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira, destacou o éxito que está tendo esta escola deportiva municipal, asegurando que lle “chamou moito a atención a expectación e o movemento de pais que espertou o torneo do ano pasado e tamén a actividade da propia escola de baloncesto”.

“Hai que apoiar as iniciativas que como esta teñen demanda e espertan ilusión nos participantes” engadiu o alcalde xalleiro. Na escola participan aproximadamente uns 35 alumnos.