981880075
Seleccionar página


Segunda xornada dos mozos romaneses

Os mozos de Romanía que se encontran en Santa Comba desenvolvendo un proxecto dentro do programa comunitario “Juventud en Acción”, do que tamén forma parte o municipio xalleiro, desprazáronse este venres a capital de Galicia.
Como o pear fundamental do proxecto dos mozos romaneses é a promoción das doazóns, nesta xornada realizaron unha completa visita guiada ao Centro de Transfusión de Sangue de Galicia, onde coñeceron as instalacións deste centro e observaron o seu traballo ordinario.

Posteriormente, a comitiva visitou distintos lugares de Santiago de Compostela.