981880075
Seleccionar página


Recepción do alcalde as autoridades da Benemérita.

O concello de Santa Comba recibiu hoxe as dependencias que nos últimos 28 anos utilizou a Garda Civil, e que están ubicadas no edificio da Casa da Cultura.

No acto de “Entrega/recepción das antigas dependencias da Garda Civil” estiveron presentes o Teniente Francisco Javier Mira, xefe da IV Compañía da Benemérita, o subteniente Pedro García, e o Comandante de posto xalleiro, José Lino Lemos, así como o alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo. Tamén estivo presente o responsable da Policia Local, Manuel Pérez.

Francisco Javier Mira agradeceu “a colaboración do concello de Santa Comba” e definiu o posto de Santa Comba coma “modélico”, expresando a súa satisfacción porque despois de anos de traballo se poideron conseguir unhas instalacións “dignas” para os efectivos da Garda Civil.Pola súa parte, Antonio Landeira reiterou a “nosa vontade de seguir colaborando coa Garda Civil no que nós sexa posible” e salientou, unha vez máis “que os axentes están integrados na sociedade xalleira e cumpren un papel fundamental”.O inmoble que ata agora funcionou como cuartel, acollerá as oficinas da Policia Local.