981880075
Seleccionar página


Dentro do programa “Juventud en Acción”

Un grupo de catorce mozos romaneses iniciou este xoves unha visita ao concello de Santa Comba, no marco do programa “Juventud en Acción”, no que colabora o noso municipio.

A comitiva foi recibida polo alcalde Antonio Landeira Gallardo e por varios membros do executivo local. Durante esta primeira xornada, tiveron a ocasión de realizar unha visita ao centro de saúde “Angel María Carracedo” para coñecer o funcionamento dos servizos médicos no rural galego e tamén participaron nun obradoiro de música tradicional, impartido por membros da escola municipal e polo gaiteiro Pablo Seoane.
Os mozos de Romanía desenvolven un proxecto de fomento da doazón de sangue e democracia participativa. Nesta primeira xornada tamén aproveitaron para recoller mensaxes de representantes da sociedade xalleira a prol da doazón.