981880075
Seleccionar página


Inscricións gratuitas

O sábado 14 de decembro no pavillón de Fontenla celebrase unha masterclass de Defensa Persoal organizada pola Concellería de Deportes en colaboración con VV Xestión de actividades.

O obxectivo desta clase será que os participantes acaden coñecementos de autodefensa, actitude ante agresións e posicións básicas de defensa ante calquer ataque.

Con motivo de facerse en datas de nadal a Oficina Municipal de Deportes puxo como requisito, que cada participante, voluntariamente, poderá traer un alimento de nadal ao pavillón .

Os alimentos recollidos serán repartidos entre as familias máis desfavorecidas do Concello de Santa Comba.
Para formalizar a inscrición hai que chamar ao 981 10 30 34.As inscricións son gratuitas