981880075
Seleccionar página


Aberto o prazos nestas actividades municipais

O Concello de Santa Comba dou comezo á apertura do prazo de inscrición para as Escolas deportivas municipais 2013/2014 e os cursiños de natación.

As escolas deportivas para o alumnado escolar que se ofertan, este curso, son Fútbol Sala, Patinaxe, Taekwon-do, Balonesto e Iniciación Deportiva; mentras que as actividades deportivas para adultos son Spinning, Aerobic, Pilates, Step e a novidade "Corremos Xuntos".
 

Coma tódolos anos o inicio das actividades serán na primeira semana de novembro.

Tamén dende o Departamento de Deportes que dirixe Jose Pose xa abriu o prazo de inscrición para os cursos de natación ( dende o 01 de outubro ata o 31 de outubro) na piscina municipal climatizada; sendo os luns e mércores ou os martes e xoves 8 ( a partir das 17.00h) os días que se ofertarán os cursiños e quedando reservados os venres para as ANPAS.

Tamén haberá cusiños de natación para adultos( nivel 0, iniciación e perfecionamento) a partir das 20.00h.

Para obter máis información poden chamar ao 981 10 30 34 ou 627 968 411 ou poden dirixirse á Oficina Municipal de Deportes sita no Complexo Deportivo de Fontenla (en n frente á piscina municipal climatizada) en horario de 09.00h ás 14.00h