Distintas actividades culturais este mes de maio


Participantes no concurso de redacción do concello.
ACTIVIDADES CULTURAIS MES DE MAIO

XV Concurso de redacción “As nosa letras”

O fallo do certame está previsto para o vindeiro 12 de maio, sendo a entrega de premios o 15 de maio. Neste concurso participan alumnos dos colexios Pepe de Xan Baña(Traba-Castriz), Nosa Señora da Inmaculada e Barrié de la Maza.

Establécense oito premios en cinco categorías distribuídas por idades. Os traballos serán expostos durante o mes de maio (Do 15 ao 30) no centro municipal de cultura. O texto ganador lerase en Radio Xallas e será publicado na web do concello www.santacomba.es .

Actuación de Paula Carballeira

A contacontos Paula Carballeira ofrece o seu espectáculo “Cancións faladas” na Biblioteca municipal. Unha función para adultos que comezará as 11 da mañá, do xoves 15 de maio, na Biblioteca municipal.

Teatro infantil

Durante este mes de maio e nunha data aínda pendente de concretar, os dous grupos de nenos da escola municipal de teatro farán sendas representacións da obra “Historias dun parque” de Xan Martínez.

Un grupo está formado por nen@s de entre 6 e 10 anos e outro con nen@s a partires desa idade.

Xalleiros no Luar

O vindeiro venres 9 de maio a Escola de música e baile tradicional do concello de Santa Comba actuará no programa “Luar” da Televisión de Galicia.

Os Bolechas en Santa Comba

Os protagonistas da famosa serie infantil de libros “Os Bolechas” participarán no “Mes das Letras” que organiza o concello de Santa Comba.Estas divertidas personaxes creadas por Pepe Carreiro estarán o vindeiro venres 16 de maio cos nenos e nenas de Santa Comba para presentar un novo libro no que se conta unha excursión realizada por estes seis irmáns que sempre viaxan acompañados polo seu can “Chispa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *