981880075
Seleccionar página


Aula Cemit organiza cinco cursos neste mes de nadal

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Santa Comba celebrará cinco cursos este mes de nadal.

Os días 26, 27 e 28 de decembro celébrase o curso “Alfabetización Dixital: Iniciación a Internet”. O obxectivo desde curso é a identificación dos servizos electrónicos que ofrece internet, a localización na internet de páxinas de interese sobre temáticas concretas empregando motores de busca,… O horario será de 16:00 a 18:00 horas.

O día 14 de decembro celébrase o curso “ Formación a Desempregados: Formación e Cualificacións: as Novas Cualificacións Profesionais” en colaboración co departamento de Formación e Emprego do Concello de Santa Comba co que se pretende que as persoas adquiran coñecementos básicos sobre as capacitacións profesionais. O horario será de 09:30 a 14:00 horas

.

Os días 3, 5, 10, 12, 17, 19, 24 e 26 de decembro celébrase o curso “Actividade Externa: Historias de Vida Compartidas”. Trátase dun curso de acercamento ás novas tecnoloxías para persoas maiores. Nel coñecerán ferramentas básicas ao mesmo tempo que desenrolan un traballo en equipo contando experiencias vitais que permite aos máis xóvenes coñecer aspectos pasados. Este curso organízao o Centro Sociocomunitario do Concello de Santa Comba a través da Fundación La Caixa, entidade colaboradora da Rede Cemit. O horario será de 09:00 a 11:00 horas.

Os días 5, 12 e 19 de decembro celébrase o curso “Actividade Externa: Redes sociais I” dirixido ás persoas maiores que queiran iniciarse na comunicación online. Este curso organízao o Centro Sociocomunitario do Concello de Santa Comba a través da Fundación La Caixa, entidade colaboradora da Rede Cemit. O horario será de 11:00 a 13:00 horas.

No mes de decembro celebrarase o curso “Aula Aberta”, co que se pretende que os usuarios poidan usar os equipos para conectarse a internet. O horario será:

Luns, Martes, Mércores, Xoves e Venres: 18:00 h. a 21:00 h.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Santa Comba sito Edificio Multiusos c/ Curros Enríquez s/n, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 663 746 523, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:

cemit.santacomba@xunta.es

Charla manipulador de alimentos: 12 de decembro. As 16,00h

Máis información na Oficina de Formación e Emprego