981880075
Seleccionar página


Verán deportivo no concello de Santa Comba.

Dentro das actividades do Verán 2012, Santa Comba acolle o Campamento Multideportivo, nunha primeira quenda desde o 1 ata o vindeiro 8 de agosto(nenos de 5 a 8 anos) e nunha segunda desde o 16 ata o 23 de agosto, para nenos de entre 9 e 12 anos.

Na actividade coordinada pola Oficina de Deportes xalleira, os asistentes desenvolven distintos xogos e exercicios ao aire libre que fomentan a educación física, a colaboración entre nenos, e o espíritu deportivo.

O alcalde Antonio Landeira visitou aos nenos do primeiro Campamento, nunha das súas citas nos exteriores da Casa do Pozo.