ADXUDICACION PROVISIONAL ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Por resolución de alcaldía nº 2050, con data 23/12/2009, aprobouse a adxudicación provisional do contrato de servizos abaixo relacionado, o que se publica aos efectos do artigo 135.3 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público.
 
 
OBRA/S INCLUÍDA/S NO ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
 
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Santa Comba (A Coruña).
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría municipal.
c) Número de expediente: 09 / 003 / SERV N
 
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: servizos.
b) Descrición do obxecto:
“ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS”
 
3. Tramitación, procedemento.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: Negociado sen publicidade.
 
4. Prezo do Contrato.
Prezo 24.269,16 euros e 1.698,84 euros de IVE.
 
5. Adxudicación Provisional.
a) Data : 23/12/2009
b) Contratista : VV XESTIÓN DE ACTIVIDADES, SL
c) Nacionalidade : española
d) Importe de adxudicación : 25.968,00 € euros. (24 €/hora docencia)
 
OBSERVACIÓNS:
O dito importe de adxudicación verase minorado na parte proporcional correspondente en función do período que transcorreu desde o mes de novembro e ata o inicio da presentación do servizo.
 
En Santa Comba, luns, 28 de decembro de 2009.
O ALCALDE-PRESIDENTE,
 
 
 
 
Asdo.: Miguel Pérez Fernández.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *