981880075
Seleccionar página

Dende a Concellería de Servizos Socias, Sanidade, Muller, Igualdade e Atención Cidadá,  do Concello de Santa Comba, dirixida por Dona Estefanía Calvelo Muñiz, e en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer da Comarca de Bergantiños (AFABER)  pon en marcha neste concello un “PUNTO DE INFORMACIÓN A FAMILIARES  DE ENFERMOS ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS”. Este servizo iniciará a súa  actividade o luns 18 de abril do 2016 e estará situado no Centro de Cultura en horario de maña, os luns e martes. O obxectivo fundamental é que os familiares das persoas que padezan esta enfermidade ou outras demencias teñan a suficiente información sobre a/as mesma/as e poidan resolver as súas dúbidas en canto o coidado propio e do enfermo, axudas, etc.