981880075
Seleccionar página

O Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, fixo pública a resolución pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións para o apoio ó emprendemento feminino como fórmula de loita contra a discriminación no mercado do traballo (Programa Emega) e establéce a súa convocatoria.

O obxecto destas axudas, en réxime de concorrencia competitiva, non é outro que a promoción e apoio ó emprendemento feminino baixo calquera forma de sociedade, cooperativa ou establecemento como traballadora autónoma, con domicilio fiscal e social na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Programa Emega recolle dúas liñas de axudas diferentes:

  1. Liña 1, de apoio ó emprendemento feminino a través da posta en marcha de iniciativas empresariais
  2. Liña 2, de apoio ó emprendemento feminino a través da posta en marcha ou consolidación de iniciativas empresariais innovadoras lideradas por mulleres.

O prazo de presentación das solicitudes remata o 24 de xullo de 2008

As interesadas poden obter información adicional no Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, a través do teléfono 981 54 53 51 ou ben na Oficina de desenvolvemento local do Concello

Para acceder á Resolución do 13 de xuño de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións do Programa Emega e se procede á súa convocatoria poden facelo a través da páxina web da Xunta de Galicia ou premendo sobre o seguinte enlace: http://sgi.xunta.es/document/vp429a2008.pdf