981880075
Seleccionar página

Conpostaxe no concello de Santa Comba.

 

O concello de Santa Comba inicia un proxecto de compostaxe doméstica en 30 vivendas, ás que se lles asignará un composteiro para incidir no aproveitamento dos restos vexetais e o aproveitamento tradicional dos restos orgánicos. Para participar neste proxecto é preciso apuntarse na oficina de Medio Ambiente do Concello, sita na Casa de Cultura ou ben chamando ó número 981880275. O prazo para apuntarse remata o vindeiro día 10 de novembro.

 

Todos aqueles que participen no programa aprenderán a realizar o proceso de compostaxe dos residuos orgánicos xerados nas súas vivendas e ademais axudarán a :

-Dar solución á problemática dos residuos, en especial da materia orgánica.

-Reducir en orixe o volume de residuos, coa conseguinte reducción da necesidade de recollida, transporte e tratamento.

-Recuperar unha práctica tradicional e sostible, como é o aproveitamento da materia orgánica.