981880075
Seleccionar página

A Consellería de Traballo e Benestar concedeulle ó Concello de Santa Comba as seguintes accións formativas pertencentes ó Plan AFD ( Vía 1A ), dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas:

CURSO CÓDIGO Nº HORAS DATA PREVISTA INICIO
Iniciación á rede da Internet IFCX02 90 1 de xuño/2010
Aplicacións informáticas de xestión ADGC02 330 2 de xullo/2010
Experto en xestión de salarios e seguros sociais ADGX04 330 1 de setembro/2010

 

As persoas interesadas deberán inscribirse co correspondente código do curso na Oficina de Emprego.

Para informarse dos requisitos de acceso dos alumnos para cada un dos cursos poden preguntar nas Oficinas de Emprego, consultar na páxina web da Xunta ( Consellería de Traballo e Benestar ) ou dirixirse á Oficina de Formación do Concello de Santa Comba, sita na Casa da Cultura ( Teléfono: 981 880275 ).