981880075
Seleccionar página

Debido á demanda existente, o Concello de Santa Comba, en colaboración coa Fundación Laboral da Construción, oferta de novo o curso de prevención de 8 horas necesario para a obtención da TPC ( Tarxeta Profesional da Construción ).

 

DATA DE REALIZACIÓN DO CURSO: 4 DE MAIO DE 2011. É un curso gratuíto. O número de prazas é dun mínimo de 15 persoas e un máximo de 25.

Tódolos interesados/as deben dirixirse á Oficina de Formación, na Casa da Cultura de Santa Comba, onde cubrirán e asinarán a ficha de solicitude e coa documentación seguinte:

Fotocopia D.N.I..

Fotocopia tarxeta sanitaria.

Traballadores en activo: fotocopia da cabeceira da última nómina ou do xustificante bancario do pagamento de autónomos.

Traballadores desempregados: fotocopia da tarxeta de desemprego ( DARDE ).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

Ata cubrir as 25 prazas, con data límite o 15 de abril de 2011.

INFORMACIÓN E CONTACTO:

Oficina de Formación

 

Casa da Cultura

 

Teléfonos: 981 880275 – 663728782, en horario de 9,00 a 15,00 horas