981880075
Seleccionar página

VII VOLTA CICLISTA A GALICIA 2008

CANGAS – SANTA COMBA 4ª ETAPA

07 DE XUÑO DE 2008

 

 

O Concello de santa Comba está en pleno auxe en relación ó ciclismo xa se acaba de conseguir a chegada da cuarta e penúltima  etapa da VII Volta Ciclista a Galicia.

Esta cuarta etapa consta de 131 quilómetros onde a saída é no concello de Cangas e a chegada e liña de meta estará situada en plena praza da Casa da Cultura do Concello de Santa Comba.

Por isto, o Departemento de Deportes quere convidar a tódalas persoas o vindeiro sábado 7 de xuño, arredor das 16:30h,  xa que poderán ver en vivo e directo ós mellores ciclistas galegos e inernacionais.

E tamén animar a tódolos rapaces e rapazas xalleiros a que participen nas actividades paralelas que se van levar a cabo durante toda a mañá do 7 de xuño na Casa da Cultura.

Entre todos temos que facer que o vindeiro 7 de xuño sexa a festa deportiva da Terra do Xallas e agradecer á Federación Galega de Ciclismo o seu esforzo para que Santa Comba figure como un dos núcleos centrais da súa principal competición.