981880075
Seleccionar página

RALLYMIX TERRA DO XALLAS (SANTA COMBA – A CORUÑA)

26 E 27 DE SETEMBRO DE 2015

Seguindo o Regulamento particular tipo aprobado pola Federación Galega de Automobilismo para competicións do Campionato Galego de Rallymix 2015, faise público para xeral coñecemento de todos os interesados, o programa horario, as características da competición e o treito da mesma:

INFORMACIÓN GRÁFICA: Faise público o “Road Book” do treito cronometrado, con fotos a cor dos cambios de asfalto-terra e terra-asfalto. Así como as notas para copilotos confeccionadas polo copiloto mundialista Don Candido Carrera (artigo 9.2.9). Programa horario (título 1). Como complemento faise público uns planos-croquis do tramo onde figuran, entre outras, zonas de acceso de público, equipos de emerxencia, parques pechados, nocturnos, de verificacións ou de asistencia. En outra entrada, e para información de pilotos ós mandos de monturas monoplazas, cólgase vídeo do tramo rodado en cámara “On Board”.

HORARIOS (Publícase cadro horario): A hora oficial de competición será a emitida polo reloxo atómico do Instituto de Brunswick-Alemania (artigo 10.1). As saídas serán dadas cun aviso (1 minuto), por dúas sirenas de barco instaladas no autobús de control e cronometraxe federativo cunha potencia de 130 dB (artigo9.1.15).

CARACTERÍSTICAS DO TRAMO: O 1º RallyMix Terra de Xallas (Santa Comba – A Coruña – Galicia) consta dun percorrido de 13,500 Kms., dos cales 11,200 Kms. corresponden a un treito cronometrado por pistas de terra/asfalto de titularidade municipal, e os restantes 3 km son neutralizados, todos eles pechados ó tráfico. A competición está establecida a dúas xornadas con tres pasadas na tarde do sábado e dúas na mañá do domingo. Pero por regulamento e por operatividade da competición o número de pasadas polo treito, o sábado, pode ser de 2/3 e o domingo de 3/2; sendo sempre o número total de cinco pasadas a computar no RallyMix. O condicionante da luminosidade, e do número de participantes, autoriza a exclusivo criterio do Director de Carreira a tomala decisión de variala (artigo 3).

PRESCRICIÓNS: Este RallyMix disputarase dacordo co establecido nas prescricións comúns ós Campionatos e Copas de Galicia 2015, ás prescricións comúns para rallyes, montaña, autocross, slalom, todoterreo, ó regulamento xeral, e ó presente regulamento particular da proba, no C.D.I. (e os seus anexos), as prescricións xerais aplicadas a tódolos Campionatos e Copas FIA-Federación Internacional de Automobilismo, no seu caso, as condicións de organización comúns ós Campionatos do Mundo, de Europa, e os Regulamentos Xerais dos mesmos, aprobados pola Federación Galega de Automobilismo o día 06-08-2015. A proba ten o Permiso de Organización da Federación Galega de Automobilismo número GA-043-RX (artigo 1).

ADESTRAMENTOS E RECOÑECEMENTOS DO TRAMO: Establécese unha manga de recoñecemento libre o sábado (en vehículos de rúa), de 9 a.m. a 11 a.m., con controis de radar non podendo superar, no recoñecemento do treito, os 60 kms./hora e dúas oficiais, e o domingo tres oficiais, sumando as cinco mangas oficiais para obter a clasificación final do RallyMix (Artígo 9). O recoñecemento libre queda limitado a dúas pasadas polo treito. A primeira infracción será penalizada cunha sanción económica de 200 €, a abonar a Federación Galega de Automobilismo antes do inicio da proba. A segunda infracción se penalizará con “NON AUTORIZADO A TOMA-LA SAÍDA”, pola reincidencia. Por incorrer nunha infracción nos puntos será obligatorio dar traslado ó Tribunal Galego de Apelación, para aperturar a incoación de expediente disciplinario no seu caso. (Artigo 9.1)

Os vehículos de recoñecemento deben estar perfectamente identificados cunhas pegatinas numeradas (de cor laranxa) facilitadas pola organización que terán que ir pegadas no parabrisas dianteiro (lado dereito superior no sentido da marcha). A falla delas, transitando polo treito, implicará a descalificación a todos os efectos (con perda dos dereitos de inscrición) para a súa participación na proba, do vehículo participante infractor (artigo 9.1.9). A Federación Galega de Automobilismo, instalará radares no treito, e penalizará ós participantes que sobrepasen a media de 60 km/hora cunha multa de 200 €uros por cada infracción (artigo 9.1.12) Os participantes que se atopen recoñecendo o treito, ilegalmente, fora das horas sinaladas serán penalizados con exclusión da proba, a todos os efectos, e apertura de expediente disciplinario (artigo 9.1.14).

CONTROIS DE TREITOS: Pola Federación Galega de Automobilismo notificarase ós Sub-Sectores da Garda Civil de Tráfico e Rural, para seguir un control rigoroso e exhaustivo, conforme ó Real Decreto 1428/2003 de 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación para a aplicación e desenvolvemento do texto articulado da Lei sobre Tráfico, aprobado polo Real Decreto Legislativo 339/1990 de 2 de Marzo, dos recoñecementos e solicitarase o traslado das denuncias (DGT-Dirección Xeral de Tráfico) que se formulen por infraccións á normativa para adoptar as medidas federativas que no seu caso procedan (artigo 9.1.6.). O Comité Organizador designará un Comisario/Controlador, debidamente licenciado e acreditado, que fará partes dos incumprimentos ó Comité Organizador, con posterior traslado ó Colexio de Comisarios Deportivos da proba (artigo 9.1.7). A Federación Galega de Automobilismo designará dous Comisarios/Controladores, debidamente licenciado e acreditados, con poderes sancionadores (radar) (artigo 9.1.8).

rallymix (1)rallymix (2)rallymix (3) rallymix (4)rallymix (5)rallymix (6)rallymix (7)rallymix (8)rallymix (9)rallymix (10)rallymix (11)rallymix (12)rallymix (13)rallymix (14)rallymix (15)rallymix (16)rallymix (17)rallymix (18)rallymix (19)rallymix (20)rallymix (21)rallymix (22)rallymix (23)rallymix (24)rallymix (25)