981880075
Seleccionar página

 

IX CONCURSO DE REDACCIÓN PARA ESCOLARES: “UNHA HISTORIA EN SANTA COMBA”  DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE:

 

          Con motivo do Día das Letras Galegas,  o departamento de cultura organiza o IX CORCURSO DE REDACCIÓN 2008 “UNHA HISTORIA EN SANTA COMBA”, destinado a escolares do Concello de Santa Comba.

  OBXECTIVOS: 

–         Animar ós nenos e nenas á creación literaria

–         Fomentar a sensibilización coa lingua galega.

–         Desenvolver a inventiva, a través da narración de historias que acontecen no concello.

 DESTINATARIOS: 

–         Escolares do Concello de Santa Comba.

  

FECHA E HORARIO: 

–         Segundo Bases do Concurso.

           

BASES DO CONCURSO:

                 IX CONCURSO DE REDACCIÓN PARA ESCOLARES 

                            

"UNHA HISTORIA EN SANTA COMBA”

BASES:

1.- Poderán participar tódolos nenos/as pertencentes ós centros escolares do Concello de Santa Comba.

2.- Grupos:  Grupo 1º (1º  curso de primaria). Grupo 2º ( 2º e 3º curso de primaria). Grupo 3º (4º curso de primaria).  Grupo 4º (5º e 6º curso de primaria).  Grupo 5º ( ESO)

3.– O tema: “UNHA HISTORIA NARRADA EN SANTA COMBA”, deberá estar escrita a man, sen debuxos e en galego.

4.- As redaccións serán inéditas, sen que recibisen ningún premio anterior, e sen que fosen publicadas ou ou presentadas noutros concursos.

5.-Cada traballo asinarase cun seudónimo. O mesmo seudónimo e o curso do concursante figurará no exterior dun sobre pechado, no interior do cal irá o nome do neno/a, idade,  teléfono, e o centro onde estuda. Este sobre irá co traballo dentro doutro sobre pechado.

6.- A extensión máxima da redacción será dun folio para o grupo 1º; grupo 2º: dous folios ;  grupo 3º: dous folios  ; grupo 4º: tres folios ; grupo 5º: catro folios.

7.- Os Centros Escolares farán unha primeira selección dos 8 mellores traballos, e remitiranos ó Concello antes do día 25 de abril do 2008.

8.- O xurado estará composto por profesores dos distintos Centros Escolares do Concello de Santa Comba, e polo concelleiro de cultura ou persoa na que delegue. A decisión do xurado será irrecorrible.

9.- Calquera traballo que non se presente coas características esixidas quedará fóra de concurso.

10.- O Concello de Santa Comba reserva o dereito a publicar os traballos gañadores.

11.- Unha vez feita a selección final, abriranse os sobres do seudónimo correspondente para coñecer os autores.

12.- A decisión farase pública o día 6 de maio do 2008, poñéndose en coñecemento dos premiados.

13.- Os premios consistirán en:

Grupo 1º: 1º premio (bicicleta). Accésit (lote de libros)

Grupo 2º: 1º premio (bicicleta). Accésit (lote de libros)

Grupo 3º: 1º premio (videoconsola). Accésit (lote de libros)

Grupo 4º: 1º premio (videoconsola). Accésit (lote de libros)

-Grupo 5º: 1º premio (minicadena). Accésit (lote de libros)

14.- Os traballos premiados serán expostos na Casa da Cultura do Concello de Santa Comba a partir do día 9 de maio ata o día 18 de maio do 2008.

15.- A  entrega  de  premios  terá  lugar  no  Edificio Multiusos  do  Concello  de  Santa Comba o día 13  de maio do 2008, ás 18:00 horas. O acto estará presidido polo Sr. Alcalde.

16.- A participación no concurso  implica a aceptación de tódalas bases.

17.- Os primeiros premios poderán cambiarse por outros de condicións económicas semellantes.                                                                                                                                                              

 CONCELLARÍA DE CULTURA.