981880075
Seleccionar página

Está aberto o prazo de inscrición para o II Festival da Canción do Xallas¨10. Estará formado polas seguintes categorías.

* Infantil: ata os 12 anos.

* Xuvenil: de 13 a 17 anos.

* Adutlos: maiores de 18 anos.

Os concursantes apuntaranse dende o 19 ata o 30 de abril de 2010, persoalmente no Edificio Multiusos do Concello de Santa Comba, ou por teléfono no número 981 81 87 10.

Así mesmo, tamén se poden consultar ou solicitar as bases do concurso.

As eliminatorias terán lugar os días 21 e 23 de maio (por categorías) e a final terá lugar o 28 de maio de 2010, no Salón de Actos do Edificio Multiusos do Concello de Santa Comba.