981880075
Seleccionar página

 

FESTIVAL DA CANCIÓN: coas promesas xalleiras

 

Lugar: Edificio Multiusos

Día: Venres 16 de maio de 2008

Hora: 21:00 horas 

Participarán: 

● ALBA CAAMAÑO. Finalista do programa “Tu sí que vales” de Tele 5. A pesar de contar con apenas 12 anos a rapaza promete. Tras lograr a terceira praza no Concurso da Canción de Ordes 2007 e a primeira no 2008, convenceu coa potencia da súa voz ó xurado de Telecinco “Tú sí que vales”, engaiolou ó público e chegou á final que se disputou en Barcelona. A súa ilusión é gravar discos e deicarse á música. Santa Comba ten un novo valor artístico que promete dar multitude de alegrías no futuro máis inmediato 

● FRAN ALLO. Partipante do programa “Son de Estrelas” da TVG.

 Xa desde os 3 anos pampeaba a seus pais e familiares con imitacións dos artistas que vía pola televisión. De Raphael a Frank Sinatra, todos parecíasn encaixar na voz particular de Fran. O seu primeiro recoñecemento musical chegoulle a través de Teresa Rabal e os premios “Veo Veo”, onde foi recoñecido como a mellor voz. Ese pulo foi o que precisaba para decidirse a buscar o seu camiño musical. Agora, con experiencia e unha voz educada por profesores como a cantante Güadi Galego, está disposto a abraiar a todo o mundo. 

● SONIA PAZOS. Participante do programa “Son de Estrelas” da TVG. Filla da emigración. Sonia naceu en Berna (Suíza) pero seus pais quixeron que se criase en Santa Comba. Aprendeu a tocar a trompeta e entrou nunha banda de música xunto a seus dous irmáns. Hoxe en día tocan xuntos cando teñen ocasión. Xa hai tempo que subiu ós escenarios por primeira vez e pasou 3 anos nun grupo musical. A súa voz é doce pero potente, coma a dalgunhas das súas artistas favoritas: Merche ou Pastora Soler. 

● HISTORIA MUSICAL XALLEIRA Aproveitando a recompilación de fotografías sobre a Historia de Santa Comba e as súas xentes, na que se está traballando desde o Concello, haberá un primeiro avance da mesma no apartado musical. Mediante proxeccións dixitalizadas lembraremos ós pioneiros da música local a través das agrupacións LOS DINÁMICOS, LOS PANTERS, LOS SEIKOS, ORQUESTRA SANTA COMBA, XUNTANZA, OS DE MEANOS, AMIGO Y SUS MUCHACHOS, A BANDA DE MÚSICA, LOS VENCEDORES DE MONTOUTO, e mesmo as agrupacións nas que os nosos veciños participaron na emigración como CASINO DE SEVILLA, ALEGRÍAS DE ESPAÑA, CORO DA CASA DE GALICIA DE RÍO DE XANEIRO, etc.