981880075
Seleccionar página

 

EXPOSICIÓN 25 ANIVERSARIO DA CRTVG

 

LUGAR: EDIFICIO MULTIUSOS MUNICIPAL

DATAS. DO MARTES, 22 DE XUÑO Ó VENRES, 25 DE XUÑO.

HORARIO: DE 10:00 H A 14:00 H. E DE 16:00 H. A 20:00

 

 

Con motivo do 25º da Televisión de Galicia e da Radio Galega, Santa Comba acolle a exposición itinerante da CRTVG conformada por unha serie de paneis fotográficos ilustrativos que recollen os diferentes momentos que marcaron o pasado e o presente da compañía e unha zona expositiva de obxectos e aqueles materiais (cámaras, magnetoscopios, mesas de mestura de vídeos ou son, magnetófonos de bobinas, cámaras ENG, pratos xira discos … e mesmo o popular xabarín) que utilizaron nos comezos e que serven para ver a evolución tecnolóxica da sociedade galega e da CRTVG.

A exposición, conta, ademais, cun plató Chroma-Key no que tódolos visitantes poderán emular ós locutores da televisión e converterse, por un momento, en presentadores de informativos, como verdadeiras estrelas, da televisión e verse reflectidos nunha pantalla TFT de gran formato, inmersos nun decorado ad hoc.