981880075
Seleccionar página
O CONCELLO APROBA O DERRIBO DAS VIVENDAS DOS PROFESORES E ADECUACIÓN DO ENTORNO DO BARRIÉ ASÍ COMO DIVERSAS OBRAS DE ASFALTADO DE RÚAS E ESTRADAS MUNICIPAIS.
 
O pleno de Santa Comba aprobou hoxe o POS+ que inclúe o proxecto de adecuación do entorno do CEIP Barrié e multiples pavimentacións nas vías municipais.
 
Así, vanse investir 175.000 euros en adecuar o entorno do Colexio Barrié de la Maza, onde se derribarán as vivendas dos mestres en ruínas, se creará unha praza entre o colexio e a vivenda do conserxe, se asfaltará a zona de aparcado establecendo división entre zona de autobuses e de vehículos particulares e se renovarán as aceras, incluíndo un ancheamento das mesmas para facelas máis cómodas.
 
Tamén se plantexa investir 254.000 euros na pavimentación con aglomerado en quente de 6 cm da estrada de Estévez a Traba, que absorbe un importante tráfico das parroquias da zona norte e leste do concello (Castriz, Freixeiro, Bazar, Vilamaior…) por ser unha rápida vía de comunicación entre as estradas de Coristanco e a Silva.
 
Igualmente está prevista a renovación total do firme, empregando aglomerado en quente de 6 centímetros, das rúas Rosalía de Castro (grupo escolar), Corredoira da Torre, Praza do Mercado e Ferradura, Eduardo Pondal (Froiz-Ventosa) e as rúas que circundan ao centro de saúde.
 
No que respecta a zona rural, inclúense tanto no plan principal como no complementario pavimentacións en Santa Sabiña e Varilongo, no camiño de Mourelle a Salgueiroas, na estrada de Grixoa ao límite municipal así como pavimentacións nos lugares de Porto, Mourelle e Rebordelos.
 
Por último, o plan complementario inclúe a recuperación do firme, mediante fresado das zonas deterioradas e reasfaltado con aglomerado en quente, das rúas Xosé Ferrero, Galicia, Breogán, Pontevedra, Emigrante, Coruña, Suarez Vence e Carmen Santiso.