|
10/04/07 |
|
ESTACIÓNS DE MOSTRAXE DE AUGAS SUPERFICIAIS (DISTINTOS TREITOS DO RÍO XALLAS E OS SEUS AFLUENTES) MOSTRAXE Nº 23: RÍO XALLAS 1. AGRA DE BAZAR (BAZAR) LOCALIZACIÓN: A entrada de Bazar nun desvío á dereita, nunha ponte que hai a uns 200 m. OBSERVACIÓNS: Trátase dun río de baixo caudal que nace na conca do Monte Castelo que xunto a outros regatos dan lugar ó inicio do Río Xallas. Non se distinguía ningún tipo de olor ou cor en particular. As augas transcorren claras. Os veciños utilizan o lugar para encher os tractores cisterna e lavar os pozos negros. MOSTRAXE Nº 24: RÍO XALLAS 2. REGO DE BAZAR (O CARBALLAL - BAZAR) LOCALIZACIÓN: Na entrada ó Carballal, collemos un camiño de pedras á esquerda. A mostraxe tómase xusto onde o regato atravesa o camiño. OBSERVACIÓNS: É un río de baixo caudal que nace na conca do Monte Castelo. É un dos regatos que dan lugar ó inicio do Río Xallas. Non se observa nin cor, nin olor, só unha lixeira escumación ó lado do camiño.
|