Inicio arrow Concello arrow Deporte arrow VII GALA DO DEPORTE
VII GALA DO DEPORTE Imprimir Correo-e
14/12/11

Verónica Boquete, madriña desta edición.


A concellería de Deportes, que dirixe Raquel Grille Boga, organizará o vindeiro xoves 22 de decembro unha nova edición da Gala do Deporte, e na que se contará coa presenza da futbolista Verónica Boquete, que exercerá coma madriña do acto. Boquete está considerada como mellor deportista feminina española e a mellor xogadora do ano nos Estados Unidos.

Na VII Gala do Deporte contaráse ademáis con adestradores de primerísimo nivel e outros persoeiros que acudirán a cita que se desenvolverá no Multiusos desde as 20:45H. Xunto coa entrega de premios a deportistas e entidades locais haberá un sorteo de camisetas asinadas por importantes deportistas de élite.

 
< Anterior   Seguinte >