Inicio arrow Concello arrow Información arrow Un xalleiro entre os mellores sumilleres
Un xalleiro entre os mellores sumilleres Imprimir Correo-e
02/12/11

Aurelio Vázquez foi premiado

 

O alcalde Antonio Landeira Gallardo felicitou en nome do concello de Santa Comba, ó restaurador e sumiller xalleiro Aurelio Vázquez Fachal, que se proclamou vencedor do prestixioso concurso “Nariz de Oro” na fase celebrada para as comunidades de Galicia, Asturias e o norte de Castela-León, que se desenvolveu en Santiago de Compostela.

Aurelio Vázquez, que rexenta “Casa Aurelio” na capital municipal, competirá agora a nivel nacional. Os nosos parabéns a este veciño polo seus éxitos.
 

 
< Anterior   Seguinte >