|
Con motivo do día internacional da discapacidade, a Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Santa Comba , pon en marcha una serie de actividades que se levarán a cabo ó longo do mes de decembro e que van dirixidas ós alumnos dos colexios, poboación xeral do concello e discapacitados.
O xoves, dous de decembro, ás 18:30, no ximnasio do colexio Barrié da Maza, contaremos cun conta-contos con temática sobre a discapacidade. Ó día seguinte, venres 3 de decembro, no mesmo centro terá lugar una exhibición de deporte adaptado coa participación de membros dos clubs Basketmi e Grumico, así como una demostración das habilidades dun can adestrado para prestar axuda a discapacitados físicos. Os alumnos do centro poderán participar tamén nun circuíto interactivo no que poderán experimentarr de forma práctica as dificultades das persoas con discapacidade. As actividades do día 3 repetiranse no colexio Pepe Xan Baña o día 10 de decembro. Outras actividades que se realizarán ó longo do mes son: · Xornadas de musicoterapia para discapacitados · Proxección e realización de obradoiros sobre a película “ Me Llaman Radio”, |