DESIGNACIÓN MESA CONTRATACIÓN
Visto o concurso público para a contratación da obra “RENOVACIÓN E MELLORA DA REDE DE SUMIIDOIROS, DA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA E DE TELECOMUNICACIÓNS E MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DA ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONTORNO DA PRAZA DE SANTA COMBA”, (nº expediente: CON/5/2010 e código organismo: 29269), aprobados por resolución nº: 612/10, do 31 de marzo de 2010, con corrección de erros materiais (decretos nº 970, do 4 de xuño e 1177, do 29 de xullo de 2010), mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación, cómpre o nomeamento dos membros integrantes da mesa de contratación para a adxudicación de dito concurso, ao abeiro da cláusula 16.1 do prego de cláusulas.
Ao abeiro do artigo 21 e seguintes da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local, o artigo 61 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, en relación coa Disposición adicional segunda da Lei 30/2007 de contratos das administracións públicas (en adiante LCSP) e artigo 21 do RPCSP, así como o artigo 16.1 do prego anteriormente citado, polo Sr. alcalde-presidente ditouse RESOLUCIÓN pola que se nomea como membros integrantes da MESA DE CONTRATACIÓN:
|
|
TITULARES
|
SUPLENTES
|
|
PRESIDENTE
|
Concelleiro: don Jacobo Amarelle Barreiro
3º Tenente de alcalde
|
Suplente 1º.- Concelleiro, don Javier Facal Calvo
Suplente 2º.- Sr. alcalde-presidente, don Miguel Pérez Fernández
|
|
VOCAL 1º
|
Concelleiro: don Manuel Ferreiro Fernández
Concelleiro-delegado de Obras
|
Suplente 1º.- Concelleiro, don José Antelo Vázquez
Suplente 2º.- Concelleira, dona Matilde Calvo Suárez
|
|
VOCAL 2º
|
Concelleiro: don Manuel García Cancela
Concelleiro-delegado de Servizos
|
Suplente 1º.- Concelleiro, don José Pose Pazos.
Suplente 2º.- Concelleiro, don Manuel Martínez Antelo.
|
|
VOCAL 3º
|
Secretaria municipal:
dona Natalia Díaz Santín.
|
Funcionario/a que o/a substitúa.
|
|
VOCAL 4º
|
Interventor/a municipal:
don Carlos A. Vega García.
|
Funcionario/a que o/a substitúa.
|
|
SECRETARIO
|
Funcionario de carreira deste Concello:
don Evaristo Lois Rama
Adxunto a secretaría.
|
Suplente 1º.- Mª del Carmen Castro Reborido. Funcionaria deste Concello.
Suplente 2º.- José M. Suárez Mancebo. Funcionario deste Concello.
|
Segundo.- Ao abeiro dos artigos 26 e 27 do RPCSP, en relación coa valoración dos criterios de adxudicación reservados a un comité de expertos independentes, nomear como membros integrantes de dito Comité de Expertos, aos seguintes membros:
- Don Manuel Sabín Sabín, arquitecto técnico municipal.
- Don Juan Carlos Carballeira Rifón, enxeñeiro de camiños, portos en canles, asesor técnico externo.
- Don José Antonio Vizcaíno Guillín, enxeñeiro industrial, funcionario da Deputación Provincial da Coruña.
Terceiro.- Notifíquese aos concelleiros/a e membros referidos. Aos efectos de axilidade no procedemento, as xuntanzas da mesa de contratación serán convocadas sos seus membros vía fax ou correo electrónico (art. 16.1 LCSP).
Cuarto.- Publíquese a presente disposición no perfil do contratante.
Quinto.- A apertura de plicas para cualificación da documentación terá lugar o próximo día 10 de setembro de 2010 (venres), ás 10,00 horas.
Por motivos debidamente xustificados, procédese a facer pública a substitución dos vogais 3º e 4º polo seus correspondentes substitutos, que conlevará a modificación do secretario da mesa:
|
VOCAL 3º
|
Secretaria municipal:
dona Natalia Díaz Santín.
|
Funcionario/a que o/a substitúa.
Substituto, don Evaristo Lois Rama, adxunto secretaría.
|
|
VOCAL 4º
|
Interventor/a municipal:
don Carlos A. Vega García.
|
Funcionario/a que o/a substitúa.
Substituta, dona Manuela Gil Turnes, administrativa.
|
|
SECRETARIO
|
Funcionario de carreira deste Concello:
don Evaristo Lois Rama
Adxunto a secretaría.
|
Suplente 1º.- Mª del Carmen Castro Reborido. Funcionaria deste Concello.
Suplente 2º.- José M. Suárez Mancebo. Funcionario deste Concello.
|
O que se fai público aos efectos oportunos.
Santa Comba, 31 de agosto de 2010.-
O ALCALDE-PRESIDENTE,
Asdo.: Miguel Pérez Fernández.
|