|
A prestación destas axudas consisitirá nun pagamento único de 360 € por cada un dos fillos/as menores que os beneficiarios teñan ó seu cargo. Poden solicitar estas axudas aquelas persoas que teñan ó seu cargo fillos/as menores de 3 anos na data 1 de xaneiro de 2010 (nacidos entre o 2-1-2007 e o 1-1-2010 inclusive) e que por razóns de ingresos obtidos durante o ano 2008 non superen en dito exercicio os 22.000 €, sumadas as bases impoñibles xerais e do aforro da declaración do IRPF. Os solicitantes deberán achegar a seguinte documentación: - DNI da persoa solicitante e do seu cónxuxe ou parella - Libro de familia - Libreta de aforros, ou certificación bancaria , na cal debe figurar como titular a persoa que asina a solicitude. - Outros, no caso de separación ou divorcio, ou de adopción ou tutela.
Aqueles solicitantes que foron beneficiarios de dita prestación no ano 2009, só terán que achegar o DNI, sempre e cando non se modificasen as circunstancias persoais, xúridicas e económicas. PARA MÁIS INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN DIRIXIRSE Ó DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLLO, SITUADO NO BAIXO DA VIVENDA COMUNITARIA (ENTRADA POLO PARQUE INFANTIL). Teléfono: 981 104309 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ATA O 18 DE XUÑO 2010 |