|
O sábado 15 de maio ás 19.00h disputarase o 3º e 4º posto da Copa de Fútbol -Sala e a continuación a Gran Final . A organización correrá a cargo da Concellaría de Deportes que dirixe Javier Facal, no pavillón Municipal de Traba (Castriz). Nesta edición participaron na Liga e na Copa xalleira 19 equipos, maioritariamente do concello de Santa Comba, aínda que tamén houbo representación de concellos limítrofes como Zas, Val do Dubra , Mazaricos e Tordoia. Máis de 250 xogadores pasaron polos Pavillóns Municipais de Fontenla e Traba durante os 6 meses de liga; co que este evento afiánzase como un dos máis prestixiosos no deporte do fútbol-sala no triángulo noroeste da provincia da Coruña.
O Cadro de Honra da competición de Liga quedou da seguinte forma: XXII LIGA CONCELLO DE SANTA COMBA - CAMPIÓN : CAFETERÍA TALLADAS - SUBCAMPIÓN : XUVENTUDE ANXERIZ - 3º CLASIFICADO: TALLERES ARÁN - 4º CLASIFICADO: PUNTA CANA - TROFEO Ó MÁXIMO GOLEADOR (TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA) - TROFEO Ó PORTEIRO MENOS GOLEADO (TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA) VI TROFEO CONCELLARÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA - CAMPIÓN : ________________ (TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES) - SUBCAMPIÓN : __________________ (TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA ) - TROFEO Ó MÁXIMO GOLEADOR (TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA) - TROFEO Ó PORTEIRO MENOS GOLEADO (TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA) |