|
Por resolución de alcaldía nº 2086/2009, con data trinta e un de decembro de dous mil nove, aprobouse a adxudicación definitiva do contrato de obras abaixo relacionado, o que se publica ós efectos do artigo 138 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público. 1. Entidade adxudicadora. a) Organismo: Concello de Santa Comba (A Coruña). b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría municipal. c) Número de expediente: 20750 / FEIL 09/011 2. Obxecto do contrato. a) Tipo de contrato: obras. b) Descrición do obxecto: “MODIFICADO Nº 1 SUBSTITUCIÓN DE CUBERTA E INSTALACIÓNS DE AUGA QUENTE SANITARIA ENO PAVILLÓN MUNICIPAL” 3. Tramitación, procedemento. a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE. 4. Prezo do Contrato. Prezo 107281,26 euros e 17165 euros de IVE. 5. Adxudicación Definitiva. a) Data: 31/12/2009 b) Contratista: CERRAMIENTOS INDUSTRIALES CORUÑA, SL (MONTAJES FINISTERRE -CEINCO-) c) Nacionalidade: española. d) Importe de adxudicación: 123.607,56 euros. En Santa Comba, 31/12/2009. O ALCALDE-PRESIDENTE, Asdo.: Miguel Pérez Fernández.
|