Inicio arrow Concello arrow AEDL arrow ACCIÓNS FORMATIVAS PROXECTO REDE XIANA 2010
ACCIÓNS FORMATIVAS PROXECTO REDE XIANA 2010 Imprimir Correo-e
13/04/10
CURSOS PROXECTO REDE XIANA 2010

As accións formativas para a presente anualidade son as seguintes:

  • MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS SOLARES TÉRMICAS
  • APROVEITAMENTOS FORESTAIS

Outra formación complementaria para as persoas que participen nalgún dos cursos anteriores:

  • APOIO Á OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIR TIPO B
  • PREPARACIÓN PARA O EXAME DE OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE
  • CREACIÓN DE EMPRESAS

DESTINATARIOS/AS

  1. Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego na Oficina de Emprego correspondente e coa tarxeta de demanda de emprego debidamente actualizada

REQUIRIMENTOS

 

 

Poderán inscribirse aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Estar desempregado/a e inscrito na Oficina de Emprego correspondente coa tarxeta de demandante de emprego debidamente actualizada.
  2. Ter cumpridos 18 anos de idade.
  3. Estar empadroado/a nalgún dos concellos adheridos ó proxecto.
  4. Pertencer a algún dos seguintes colectivos:

- Mozos/as menores de 30 anos.

- Persoas maiores de 45 anos

- Parados/as de longa duración (máis de 2 anos en situación de desemprego)

- Inmigrantes non comunitarios con permiso de traballo.

- Persoas afectadas por unha minusvalía física, psíquica ou sensorial que non supoña ningún impedimento físico ou psíquico que lle implida o normal desenvolvemento do curso e da profesión á que vai asociada a formación)

- Persoas sometidas a maltrato físico ou psíquico.

- Persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción social tales como ex-toxicómanos ou ex-reclusos.

- Persoas pertencentes a etnias desfavorecidas ou minoritarias na sociedade.

- Xóvenes que non superasen a ensinanza obrigatoria.

En función dos cursos nos que desexe inscribirse, cumprir cos requisitos de formación para cada unha das accións formativas.

 

 

PRAZO DE INSCRICIÓN E INFORMACIÓN

A data para inscribirse nestas accións formativas remata o 30 de abril.

Para mais información poden acudir á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Santa Comba, no teléfonos 981 880 075 / 663 728 931 ou tamén por medio da páxina web www.redexiana.org.

 
< Anterior   Seguinte >